En lembranza de Teresa Bermúdez Montes (1969-2025) e Eugenio Castro Murga (1959-2024), poeta surrealista.
Este ano 2026, o 3 de maio, cumprirase o 40 aniversario do pasamento de Ánxel Fole Sánchez. Quizais sexa un bo motivo para ler e reler non só a súa obra narrativa, senón, tamén, a súa obra como articulista ou, como se dicía antes, de “escritor de xornais”, tan subestimada, penso.
Deixando de lado os artigos que Ánxel Fole escribiu en diversas publicacións (Yunque, Guión, El Progreso e, sobre todo, El Pueblo Gallego) en tempo republicano, despois de 1939 o autor de Terra brava colaborou, pero en pouca cantidade, en xornais como La Noche, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e algún outro, así como nalgunhas revistas: Vida Gallega, Vieiros, Lucus, Cartel, Chan…, mais a maioría…
